F orientacióncondesa

lunes, 26 de junio de 2017

¡¡¡VACACIÓNS!!!


Outro curso que remata 
e outro verán que comeza.
Tempo de vacacións,
 de desconectar, de disfrutar e descansar.


 Non esquezades repasar os seguintes verbos, ¡preferiblemente en activa!




E para completalo, practicade estes xerundios. 
¡Están  pensados especialmente para disfrutar do verán!





Felices e merecidas vacacións. ¡Ata o curso que vén!

FONTE: 
Refuerzo de Lengua: Vía Profe Carmela

REUNIÓNS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos:

  • Proporcionar información sobre a nova etapa
  • Compartir estratexias para facilitar o cambio
  • Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas
O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos.
Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA...



Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade. 
É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se  producirá de forma drástica, senón pouco a pouco. 
A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre  a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un documento con pautas para COMEZAR PRIMARIA CON BO .



jueves, 22 de junio de 2017

PASO A SECUNDARIA

Hoxe despedímonos dos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación.
Nervios,temores... pero tamén moita ilusión ante  nova etapa que comeza.
Como sabedes, para facilitar o cambio levamos a cabo unha serie de actividades que forman parte do programa de transición a Secundaria, que realizamos conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos:
  • Visita ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc.
  • Visita dos ex alumnos/as que cursaron 1º de ESO para responder moitas das vosas preguntas e resolver as vosas dúbidas.
  • Charla para as familias coa finalidade de obter toda a información que precisades. Desde o pasado curso ten lugar no propio instituto.
  • Reunión entre o equipo docente de 6º e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa.
Ademais quixera compartir con todos vós estes documentos e recomendacións. Espero que vos sexan de utilidade.
Desexarvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, chea de novos retos que vos esperan! E recordade: sen cambio, non hai mariposa!!






  • Paso a Secundaria: presentación con información para as familias. Contén información sobre a nova etapa escolar, pautas para facilitala, documentos sobre a adolescencia e a educación dos vosos fillos/as


miércoles, 14 de junio de 2017

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE TRES ANOS

Hoxe demos a benvida ás familias dos alumnos/as de tres anos.
Como cada curso, fixemos unha reunión que pretende ser unha primeira toma de contacto co centro, así como resolver posibles dúbidas que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as, informarvos sobre temas de interese  transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola.

Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a atópase nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada.

Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común: A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS/AS




A continuación, deixámosvos a presentación e os documentos que compartimos na reunión. 

Tamén podedes acceder aos enlaces cos diversos impresos que repartimos na reunión para formalizar a matrícula, para as axudas do material do Concello e para solicitar o servizo do comedor.



Información sobre o período de adaptación


Recomendacións para as familias


Matrícula:


Formalización de matrícula I


Formalización de matrícula II


Documentación necesaria matrícula


Axuda para material do Concello:


Impreso de axudas do material do concello


Matrícula no Programa Madrugadores (Esta actividade realízase no CEIP "Julio Gurriarán", pero, se estades interesados, podedes entregar o impreso no noso centro.


Matrícula de madrugadores


Servizo de Comedor:


Solicitude servizo de comedor I


Solicitude servizo comedor II


Solicitude servizo comedor III


Enlaces que poden resultarvos de interese:

Blog do centro


Páxina de Facebook do colexio


Comenzar en Educación Infantil, folleto para as familias do orientador Jesús Jarque

15 contos para empezar a ir ao cole: libros e contos que vos poden axudar a tratar esta temática cos vosos fillos/as e facilitar a súa adaptación. Para acceder a eles, pincha na imaxe






sábado, 3 de junio de 2017

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN es una divertida colección de cuentos que forma parte de la Biblioteca Infantil de Fundación ONCE
Se trata de una serie de historias protagonizadas por niños y niñas en situación de discapacidad que pretende mostrar a los niños en qué consiste la diversidad funcional, fomentar en ellos el respeto y la tolerancia, así como hacer ver que se puede vivir con ella de forma normalizada. Las historias están traducidas a varios idiomas: gallego, euskera, catalán e inglés. La colección cuenta con nueve historias.



Cada cuento trae actividades y materiales para trabajar, además de información sobre la situación de discapacidad de cada niño/a.
Si estáis interesados  en la colección, podéis acceder a ella AQUÍ.

martes, 30 de mayo de 2017

QUE SABES SOBRE A EPILEPSIA?

Cando un neno/a é diagnosticado de epilepsia, con frecuencia, a súa nova condición médica xenera certa ansiedade nel mesmo e na súa familia.
Iso é debido ao descoñecemento en torno a esta patoloxía, a que é algo que se escapa do noso control e a que, ademais, debemos enfrontarnos a falsos mitos e crenzas moi arraigadas.
A mellor maneira de axudalo é normalizar a situación, evitar sobreprotexelo e darlle toda a información que pida de acordo coa súa idade.
É moi importante que a persoa que ten epilepsia e o seu contorno máis próximo se familiaricen con este síndrome e saiban como actuar, co fin de que lles resulte máis fácil convivir con el.
Ademais é conveniente que o neno/a con epilepsia saiba que medicación precisa, cando ten que  tomala e que sinta que conta co noso apoio e coa posibilidade de falar abertamente sobre o tema cando o precise.
Con este obxectivo comparto convosco esta presentación, que utilizamos no colexio co fin de achegar e explicar aos nenos/as que é a epilepsia e como pode afectar a vida diaria das persoas.

divpinterest